25,00

Category:

Description

Custa un pouco definir qué é este libro e en realidade prefiro que sexa lido e, logo, que cadaquén decida que é, de todos os xeitos tentarei describilo: Escrito de modo intimista quere estar moi preto do/a lector/a. En cada páxina vai un pequeno texto acompañado por unha foto miña.
Foi escrito por alguén que comezou a se facer preguntas. Amosa un progreso, déixanos botar unha ollada ao percorrido dun camiño a través dunha paisaxe difícil. Un camiño que se adentra nun mundo oculto, agochado dentro de nós, o dos contos, o das fadas. É unha pequena acumulación de anotacións, pequenos textos e poemas de alguén que vaga polos seus límites, que se atopa nun punto onde se cruzan as fronteiras de varios países.
É unha obra que quere acompañar, reforzar, inspirar, consolar, facernos reír, chorar,…